7.5.08

«Blogs»: fenómeno social

É o momento de explicar a grandes trazos que levou ao blog a converterse, en tan pouco tempo –algo máis dunha década–, nunha tendencia social de gran difusión a escala mundial; é dicir, cales son os atractivos que fan del unha ferramenta tan popular.

Segundo afirma Santamaría (2005, 3): «actualmente existen alrededor de 20 millones de bitácoras a nivel mundial y con un crecimiento de 70 000 nuevas cada día […]. Estas cifras astronómicas vienen a decirnos que son un medio de comunicación y de publicación de enorme éxito».

A causa disto débese a que, por unha banda (Ortiz de Zárate, 2008, 25): «Independientemente de que nos entusiasmen o nos provoquen desconfianza, los blogs han traído al mundo de la comunicación dos nuevos rasgos que lo han revolucionado: todos somos emisores, y la comunicación es bidireccional: es conversación». E, pola outra (íbid.): «Si hay tantas personas que dedican una parte no insignificante de su tiempo a publicar posts y a escribir comentarios debe de ser porque satisface algunas necesidades que estaban latentes».

En consecuencia, resulta habitual atopar sentencias que deixan constancia desta nova costume, como por exemplo:

«El blog es, del conjunto de medios digitales, el que más éxito está teniendo y el que más está experimentando e innovando.» (Ortiz de Zárate, 2008, 23).

«Ha puesto a millones de personas a escribir y compartir vivencias, aficiones personales e intereses profesionales.» (Santamaría, 2005, 3).

«El fenómeno de los blogs ha influido notablemente en los usos y costumbres de los internautas. El formato blog, weblog o bitácora se ha generalizado como el más aceptado medio de micropublicación, espacio personal, profesional o grupal, e incluso se ha dejado notar en otros ámbitos, como el periodístico.» (http://web.educastur.princast.es/proyectos/cuate/eblog/blogs_y_educacion.pdf).

Esta dimensión social do blog posúe dúas vertentes a través das cales soe canalizarse, e que dan como resultado dúas definicións distintas do termo:

«Los blogs son el servicio de Internet para publicación personal en web más famoso de la actualidad.»

«Los blogs son un medio de comunicación colectivo que promueve la creación y consumo de información original y veraz, y que provoca, con mucha eficiencia, la reflexión personal y social sobre los temas de los individuos, de los grupos y de la humanidad.» (Santamaría, 2005, 3).

6.5.08

«Blogs»: definición

Comezaremos dando unha definición xenérica do que é un blog, elaborada a partir de diferentes fontes:

«Un blog es un sitio web, frecuentemente actualizado, compuesto de artículos generalmente breves que se disponen en orden cronológico inverso, donde uno o varios autores escriben con libertad, mediante una herramienta de publicación muy sencilla de utilizar.» (Ortiz de Zárate, 2008, 21).

«El uso o tema de cada blog es particular; los hay de tipo personal, periodístico, empresarial o corporativo, tecnológico, educativo (edublogs), político, etc.»

«Algunas variantes del weblog son los openblog, fotolog, los vlogs (videoblogs), los audioblogs y los moblog (desde los teléfonos móviles).» (http://es.wikipedia.org/wiki/Blog).

Pero, para aqueles a quen non convenceu de todo a definición anterior, aquí se ofrece outra de carácter máis pragmático, inventada tamén polo primeiro autor antes citado (íbid.):

«Podemos decir que un blog puede ser todas estas cosas –y algunas más que se nos ocurrirán: una herramienta para publicar contenidos web, un medio de comunicación en Internet; un estilo, una filosofía, una tendencia social; una acción social participativa; un elemento de algo mayor: la blogosfera.»

Non obstante, ao tratarse dun estranxeirismo, faise tamén preciso coñecer o seu étimo, para así posuír unha visión máis exacta e máis completa do que en realidade estamos a expresar cando empregamos o termo blog. Para iso, recorreremos á Real Academia Española, que nos di sobre a cuestión:

«A partir de esta expresión [cuaderno de bitácora, ‘libro en que se apunta el rumbo, la velocidad, las maniobras y demás accidentes de la navegación’], se ha tomado la voz bitácora para traducir el término inglés weblog (de web + log(book); abreviado, blog), que significa ‘sitio electrónico personal, actualizado con mucha frecuencia, donde alguien escribe a modo de diario o sobre temas que despiertan su interés, y donde quedan recopilados asimismo los comentarios que esos textos suscitan en sus lectores’. La equivalencia (cuaderno de) bitácora se halla bastante difundida en español y traduce con precisión el término inglés log(book) […]. Para hacer más explícita su vinculación con Internet (como hace el inglés weblog), podría usarse el término ciberbitácora o, como ya hacen algunos, ciberdiario […]; no obstante, este último término tiene el inconveniente de que también se emplea como equivalente de periódico digital.» (DPD, 2005).

E, xa para rematar esta introdución conceptual, conviría tamén saber en que momento foi acuñado o novo termo, co fin de facerse unha idea aproximada do tempo que leva existindo a realidade á cal designa. Desta vez, botaremos man de novo da Wikipedia para resolver a nosa dúbida: «El término weblog fue acuñado por Jorn Barger en diciembre de 1997» (http://es.wikipedia.org/wiki/Blog).

5.5.08

«Blogs»: introdución

A continuación irei publicando por apartados os contidos de dous traballos sobre os blogs que fixen para a materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación. Un deles titúlase «Os blogs: introdución teórica» e o outro «Análise e comentario dun blog educativo de temática xeral e doutro sobre Educación Musical».

Non obstante, premendo nos títulos de enriba pódense descargar, tal e como foron elaborados, en formato PDF.

2.5.08

Musicrearte



A páxina web da Asociación educativa sen ánimo de lucro Musicrearte contén interesantes recursos para os mestres especialistas en Educación Musical como por exemplo:

- Enlaces con varias páxinas web que conteñen guías de concertos didácticos organizados por diversos auditorios.

- Un compendio de interesantes recursos web sobre distintos contidos curriculares de Educación Musical para a etapa de Educación Primaria.

- Bibliografía recomendada sobre Educación Musical.

- Materiais propios como un arranxo do tema Yellow Submarine dos Beatles para instrumental Orff, un DVD do Concerterio 2007 ou un manual sobre Informática Musical.

- Varios podcast sobre actividades desenvolvidas pola Asociación.

- Unha pequena pero boa oferta de cursos verán de formación para docentes e futuros docentes, así como do concerto didáctico anual Concerterio e mais da opereta Cenicienta, producida pola compañía Musicrearte.

Con respecto á forma, o único problema que lle atopo é que é algo lenta en cargar. Polo resto, é estéticamente agradábel e a navegación por ela é sinxela e intuitiva.

1.5.08

Os MúsTICos



Víctor, un compañeiro da Facultade, e mais eu estamos a preparar unha Unidade Didáctica sobre "A percusión non convencional" para a materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación.

Nesta Unidade Didáctica, organizamos os contidos en distintas categorías dentro do que é a percusión non convencional. E, nesta clasificación, incluímos un apartado dedicado ás Modalidades mixtas, é dicir, aquelas que combinan distintos tipos de percusión non convencional entre si e incluso con outros instrumentos.

O vídeo que inclúo neste artigo responde a unha exemplificación desta derradeira categoría que incluímos na Unidade, xa que combina a Percusión con obxectos cotiáns (vasos, mesa), a Percusión corporal (palmas, pé) e a Voz. Está feito polos dous, isto é, por Víctor e mais por min. Puxémoslle de título "Os MúsTICos", por iso de fusionar a música coas TIC.

A peza que canto nel, "Miña nai, miña naiciña", gústame especialmente. De feito, ten outras estrofas igual de tenras, pero das que decidimos prescindir por non ser útiles para finalidade do vídeo:

Miña nai era pobriña,
non tiña pan pra me dare.
Enchiume a cara e bicos
e rabentou a chorare.
E rabentou a chorare,
ai e le...

E díxome miña nai:
- Que che pasa, miña nena?
- Dáme un biquiño, mamai,
que se non, morro de pena!
Que se non, morro de pena,
ai e le...


A idea foi recollida dunha das actividades nas que eu tiven a sorte de participar con d. Juan Parga Cervelo, un mestre de Educación Musical que se encargou de impartir un curso de verán chamado "O noso folklore musical no ensino da música" organizado pola Asociación educativa Musicrearte en xullo do ano pasado. Esta Asociación partiu da iniciativa de varios profesores do Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da miña Facultade.